Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15690

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de varios procesos selectivos para a cobertura de prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2016, 2017 e 2018.

No Boletín Oficial da provincia núm. 43, do 1 de marzo de 2019, publícanse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2016, 2017 e 2018:

– Unha praza de técnico/a medio/a da Administración xeral, encadrada na escala de Administración xeral, subescala de xestión, e integrada no grupo A2, pola quenda de promoción interna.

– Oito prazas de administrativo/a, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa, e integradas no grupo C1, pola quenda de promoción interna.

– Unha praza de administrativo/a, encadrada na escala de Administración xeral, subescala administrativa, e integrada no grupo C1, pola quenda de promoción interna, e reservada a persoas con discapacidade.

– Unha praza de oficial/a de control e vixilancia, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, e integrada no grupo C1, pola quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 1 de marzo de 2019

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2016007829, do 25.4.2016)
Carlos López Font
Deputado delegado de Economía, Facenda e Réxime Interno