Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Venres, 22 de marzo de 2019 Páx. 15688

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución de limpeza de predios de propietarios descoñecidos.

As parcelas 53 e 56 do polígono 3 do lugar de Barcelos, na parroquia de Mougás, do concello de Oia, con número de referencia catastral 36036A003000530000QL e 36036A003000560000QM están en situación de risco de incendio e non consta información sobre os seus titulares catastrais.

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio insírese para efectos de ter por comunicada aos titulares das parcelas referidas a obriga que os asiste de manteren as súas propiedades limpas de vexetación para evitar incendios en franxas de protección dos núcleos habitados.

Oia, 22 de febreiro de 2019

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa