Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 25 de marzo de 2019 Páx. 15901

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da oferta de emprego público 2019.

Na Xunta de Goberno Local do 21 de febreiro de 2019 adoptouse o seguinte acordo en relación coa oferta de emprego público 2019 do Concello de Guitiriz:

Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2019 que contén os seguintes postos de traballo que deberán convocarse no prazo máximo de 3 anos:

Persoal funcionario:

Denominación

Grupo

Escala

Subescala

Nº vacantes

Acceso

Sistema selección

Fundamentación

Policía Local

C1

Escala: Administración especial

Subescala: servizos especiais

1 Mobilidade

Concurso

Artigo 19.Un.5 LOXE 2018

Administrativo

C1

Escala: Administración xeral

Subescala: administrativa

1

Libre

Concurso-oposición

Artigo 19.Un.7 LOXE 2018

Persoal laboral fixo:

Denominación

Nº vacantes

Acceso

Sistema selección

Fundamentación

Auxiliares de axuda no fogar

28 

Libre

Concurso-oposición

Taxa adicional do

artigo 19.Un.9 LOXE 2018

Peón de servizos múltiples

1

Libre

Concurso-oposición

Artigo 19.Un.7 LOXE 2018

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da publicación ante o mesmo órgano que a ditou conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Tamén poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo de Lugo no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación de acordo co artigo 8.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro que xulgue procedente.

Guitiriz, 27 de febreiro de 2019

Regina Polín Rodríguez
Alcaldesa