Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 25 de marzo de 2019 Páx. 15788

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2019 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2019 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, e en colaboración coas universidades do Sistema universitario de Galicia,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2019

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas mediante esta resolución o persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encontre en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Toda persoa solicitante que ao inicio ou durante o curso estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web https://egap.xunta.gal.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (maternidade, discapacidade, etc.) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha das vías indicadas, no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 63 35, e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2019, segundo a Resolución da Consellería de Facenda do 24 de xaneiro (DOG núm. 25, do 5 de febreiro), comezarase pola letra Q.

2. A totalidade das prazas de cada actividade formativa repartiranse proporcionalmente en función do número de efectivos de cada universidade do Sistema universitario de Galicia de acordo cos datos que figuran no Boletín estatístico do persoal ao servizo das administracións públicas de xaneiro de 2018.

3. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpra os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda, todo isto de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo https://egap.xunta.gal a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto nos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación mínima de tres días anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.gal.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Para estes efectos, realizarase un único chamamento por orde alfabética. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas.

b) As persoas participantes deberán vir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

c) Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

d) Non se permitirá o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas.

4. As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1º. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2º. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

5. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

1. Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

2. Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

No anexo II desta convocatoria figuran as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das posibles modificacións das datas e das horas da proba final.

Oitava. Certificado de aproveitamento

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que se declara apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP, xunto coas universidades do Sistema universitario de Galicia, resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP, xunto coas universidades do Sistema universitario de Galicia, poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP, xunto coas universidades do Sistema universitario de Galicia, garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade/Modalidade

Datas

Data proba de avaliación

Horario

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

UN19008

Convenios, encargos a medios propios e encomendas de xestión na universidade

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

24.4.2019

14.5.2019

20.5.2019

Proba de avaliación ás 16.30 horas

UN19014

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

29.5.2019

20.6.2019

25.6.2019

Proba de avaliación ás

16.30 horas

UN19013

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

26.9.2019

21.10.2019

24.10.2019

Proba de avaliación ás

16.30 horas

UN19012

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

4.11.2019

24.11.2019

27.11.2019

Proba de avaliación ás

17.30 horas

UN19017

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

9.10.2019

9.11.2019

15.11.2019

Proba de avaliación ás

17.30 horas

UN19015

Os contratos do sector público

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

21.5.2019

20.6.2019

25.6.2019

Proba de avaliación ás

17.30 horas

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

UN19018

Protocolo universitario

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

1.10.2019

21.10.2019

24.10.2019

Proba de avaliación ás

17.30 horas

UN19004

Atención á cidadanía

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

29.10.2019

22.11.2019

27.11.2019

Proba de avaliación ás

16.30 horas

UN19006

Como deseñar presentacións eficaces

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

4.11.2019

23.11.2019

27.11.2019

Proba de avaliación ás

19.00 horas

UN19005

Básico en prevención de riscos laborais

50

50

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

7.10.2019

19.11.2019

22.11.2019

Proba de avaliación ás

19.00 horas

UN19010

Ética profesional na Administración pública e calidade de servizo

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

27.5.2019

20.6.2019

25.6.2019

Proba de avaliación ás

19.00 horas

UN19003

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas

50

20

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

30.10.2019

18.11.2019

22.11.2019

Proba de avaliación ás

17.30 horas

UN19016

Planificación estratéxica

25

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Presencial

Santiago de Compostela

20.5.2019

6.6.2019

6.6.2019 ás 18.30 horas

Clases presenciais os días 20, 21, 23, 27 e 28 de maio das 16.30 ás 20.30 horas. O día 3 de xuño das 16.30 ás 20.30 horas. Os días 4 e 6 de xuño das 16.30 ás 19.30 horas

UN19011

Formación metodolóxica de formadores

25

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Presencial

Santiago de Compostela

6.5.2019

21.5.2019

21.5.2019 ás 19.30 horas

Clases presenciais os días 6 e 7 de maio das 16.30 ás 20.00 horas. O día 8 de maio das 16.30 ás 20.30 horas. Os días 13 e 14 de maio das 16.30 ás 20.00 horas. Os días 15, 20 e 21 de maio das 16.30 ás 20.30 horas

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

UN19009

Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro

50

25

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

25.10.2019

18.11.2019

22.11.2019

Proba de avaliación ás

16.30 horas

UN19019

Xestión intelixente das redes sociais nas administracións públicas

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

23.9.2019

21.10.2019

24.10.2019

Proba de avaliación ás

19.00 horas

UN19021

Seguridade da información no ámbito das universidades públicas

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

22.4.2019

14.5.2019

20.5.2019

Proba de avaliación ás

17.30 horas

UN19020

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

50

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Teleformación

16.10.2019

11.11.2019

15.11.2019

Proba de avaliación ás

16.30 horas

UN19007

Comunicación eficiente e xestión de proxectos a través de Office365

25

30

Aproveitamento

Persoal de administración e servizos das universidades galegas do Sistema universitario de Galicia (SUG)

Presencial

Santiago de Compostela

23.4.2019

29.4.2019

29.4.2019 ás 17.30 horas

Clases presenciais o día 23 de abril das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.00 ás 20.00 horas. O día 24 de abril das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.00 ás 20.00 horas. O día 25 de abril das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.00 ás 20.00 horas