Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16121

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 20 de marzo de 2019, o tribunal nomeado pola Orde da Consellería de Facenda do 1 de marzo de 2019 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) modificado polas ordes do 12 de marzo (DOG núm. 51, do 13 de marzo) e do 14 de marzo (DOG núm. 53, do 15 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 13 de abril de 2019, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas, nos pavillóns 1 e 2 do recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número dous e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2019

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez
Presidente do tribunal