Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución sobre dereito de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2018/4224-3 e catro máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución denegatoria da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Esta resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo dentro do prazo de dez días hábiles desde a publicación desta notificación. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta de Ourense (avenida da Habana, 79, 1º, Ourense) e será resolta polo xulgado correspondente, que lle poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso de dereito, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 1 de marzo de 2019

Manuel Pardo Cid
Xefe Territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

DNI/equivalente

PR204A 2018/4224-3

45161439L

PR204A 2019/77-3

52499361K

PR204A 2019/128-3

44457240B

PR204A 2019/270-3

25181038V

PR204A 2019/272-3

34952491N