Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16126

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo

EDICTO (PO 706/2017).

Eu, Rosario Cantalejo García, letrada da Administración de xustiza no Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, dou fe de que no procedemento ordinario número 706/2017 se ditou sentenza o 25 de xuño de 2018 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza:

En Vigo ao vinte e cinco de xuño de dous mil dezaoito.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos por instancia de Garmar Asesores, S.L., representada pola procuradora Gemma Alonso Fernández e asistida polo letrado Rafael García García, contra Energiaefe, S.L., en rebeldía procesual.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Resolución: estimo integramente as pretensións da parte demandante e condeno a Energiaefe, S.L. a pagar a Garmar Asesores, S.L. a suma de 10.753,88 euros máis o xuro legal desde a data da demanda, con expresa condena en custas da parte demandada.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar constituír un depósito de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Santander co número ES5500493569920005001274, concepto número 3640 0000 04 0706 17, seguido a continuación, e separado por un espazo, da indicación “recurso 02”, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz.

E para que conste e sirva de notificación á demandada Energiaefe, S.L. ao descoñecerse o seu actual domicilio, estendo o presente edicto.

Vigo, 26 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza