Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 27 de marzo de 2019 Páx. 16137

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 46/2019).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 46/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Vilacoba Val contra o Instituto Español de Formación Laboral e Profesional, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González.

Santiago de Compostela, un de marzo de dous mil dezanove

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza 25/2019 de data 21 de xaneiro ditada no procedemento PO 98/2016 a favor da parte ejecutante, Patricia Vilacoba Val, fronte ao Instituto Español de Formación Laboral e Profesional, S.L. e Fogasa, parte executada, por importe de 1.990,33 euros en concepto de principal (1.495,10 euros en concepto de salarios debidos, pagas extra e complemento de transporte, máis 495,23 euros en concepto de xuro de mora) máis outros 199,03 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderase deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaeceren con posterioridade á constitución do título, a non ser a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a maxistrada. Dou fe.

A maxistrada A letrada da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, un de marzo de dous mil dezanove.

Parte dispositiva.

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previamente á estimación na presente ejecutoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Instituto Español de Formación Laboral e Profesional, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Patricia Vilacoba Val e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de 15 días para que poidan sinalar a existencia de novos bens e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS, locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que lle sirva de notificación en legal forma ao Instituto Español de Formación Laboral e Profesional, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza