Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o outorgamento de demasía da concesión de explotación denominada Os Gallos número 4374, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense comunica que o director xeral de Enerxía e Minas outorgou a Pizarras Santa Cruz, S.L. a demasía da concesión de explotación que a seguir se describe:

Nome: Os Gallos.

Número de expediente: 4374.

Recurso: sección C.

Termo municipal: Carballeda de Valdeorras.

Titular: Pizarras Santa Cruz, S.L.

Superficie: 8 cuadrículas.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Ourense, 13 de febreiro de 2019

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense