Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16540

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a proposta dunha liña de deslindamento con propiedades particulares do monte veciñal en man común (MVMC) Pena, Cruz da Aguieira e San Marcos, na parroquia de Goián, concello de Sarria (Lugo); expediente 2-DES/19.

Para os efectos previstos no artigo 54 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade á proposta de deslindamento do MVMC Pena, Cruz da Aguieira e San Marcos con propiedades particulares, presentada o 27.2.2019 pola comunidade de Goián.

Con data 8.3.2019 o Servizo de Montes de Lugo emitiu un informe favorable ao considerar que non existe menoscabo da integridade do MVMC.

Contra a proposta de deslindamento, no prazo dun mes, que comezará contarse a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán presentar ante a comunidade propietaria as alegacións e os títulos que acrediten a propiedade ou a posesión dos predios afectados.

Durante este prazo, a documentación estará dispoñible no Servizo de Montes de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da dita proposta.

Lugo, 12 de marzo de 2019

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo