Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 29 de marzo de 2019 Páx. 16545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente INC-CO-0006-2017 BIO.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no BOE cuxa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE.

A Coruña, 13 de marzo de 2019

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0006-2017 BIO.

DNI da persoa denunciada: 47368106C.

Acto de notificación: imposición da décimo sexta multa coercitiva.