Eu, Rebeca Tardáguila Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas,
Anuncio:
Que no presente procedemento, seguido por instancia de Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.L.U. contra ocupantes ignorados foi ditada sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
«Sentenza n° 19/19
Ponteareas, vinte e oito de febreiro de dous mil dezanove
Vistos por min, Juan Laborda Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 dos desta cidade e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo verbal, sobre tutela sumaria da posesión, seguidos co n° 464/2017, en que interviñeron, como demandante, Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.L.U., representada polo procurador Sr. Gil Tránchez e asistida do letrado Sr. Medina Pinazo; e, como demandados, ocupantes ignorados do local 9A da rúa Progreso, n° 14, Bloque 2, A Cañiza, en situación de rebeldía. E por iso pronuncio a presente resolución en razón dos seguintes:
Decido
Estimar integramente a demanda deducida por instancia de Inversiones Inmobiliarias Canvives, S.L.U. contra ocupantes ignorados do local 9A da rúa Progreso, n° 14, bloque 2, A Cañiza, e, en consecuencia, condénoos a que cesen e se absteñan de realizar actos de perturbación sobre o devandito predio e, en concreto, a que entreguen a posesión del e o deixen libre e exedito e ao seu dispor, con apercibimento de desaloxo.
Con imposición de custas aos demandados.
Notifíquese a presente resolución ás partes en forma legal, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, que se presentará por medio de escrito presentado neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte á notificación. Para a presentación do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, cos datos relativos ao recurso e á conta do expediente, por importe de 50 euros, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe previsto en tal norma, o que deberá ser acreditado canda a formulación do recurso.
Así o pronuncia, manda e asina, por esta sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, Juan Laborda Rodríguez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas, do cal eu, a letrada da Administración de Xustiza, dou fe».
E atopándose o devandito demandado ocupantes ignorados do local 9A da rúa Progreso n° 14, bloque 2 da Cañiza, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Ponteareas, 28 de febreiro de 2019
A letrada da Administración de xustiza