Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 3 de abril de 2019 Páx. 17112

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2019 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo (xefe/a da unidade de operacións).

Mediante Resolución do 7 de marzo de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 53, do 15 de marzo, anunciouse a convocatoria para a cobertura dun posto de persoal directivo no Igape (xefe/a da unidade de operacións).

De conformidade co establecido no punto 7 das bases reguladoras da convocatoria que rexe o proceso de selección convocado establécese que o tribunal de selección se nomeará mediante resolución do director xeral do Igape. En virtude do anterior, esta dirección

DISPÓN:

Primeiro. Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura dun posto de persoal directivo –xefe/a da unidade de operacións do Igape– coa composición que se relaciona no anexo.

Segundo. Declarar de aplicación a este proceso as instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos órganos de selección do 11 de abril de 2007, modificadas polo Acordo do Consello da Xunta do 8 de abril de 2010.

Terceiro. Esta resolución producirá os seus efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Tribunal

– Presidencia:

Titular: Norberto Penedo Rey, director da Área de Competitividade do Igape.

Suplente: María Dolores García de los Huertos Vidal, subdirectora de Liquidacións do Igape.

– Secretaría:

Titular: Raquel Rodríguez Espiño, directora da Área de Investimento do Igape.

Suplente: Francisco Pedro López Martínez, subdirector de Coordinación do Igape.

– Vogais:

Titular: Augusto Álvarez-Borrás Massó, director da Área de Internacionalización do Igape.

Suplente: Lourdes Ledo Moure, subdirectora xeral de Coordinación Administrativa da Consellería de Economía, Emprego e Industria.