Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 4 de abril de 2019 Páx. 17347

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca proceso selectivo para unha praza de persoal (referencia OCEANS-19-TP1).

Praza: (1) técnico/a de proxecto (referencia: OCEANS-19-TP1).

Proxecto que se vai desenvolver: «OCEANS-Ocean Connections: Developing Ocean Literacy though Creative, Digital Pedagogies».

Modalidade contractual: contrato temporal a xornada completa, na modalidade de obra ou servizo determinado previsto no artigo 15.1.a) do Estatuto dos traballadores.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede da Fundación Cesga (Edificio Cesga na avenida de Vigo, s/n; Campus Sur, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web (https://www.cesga.gal/ofertas_emprego/).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas na páxina web da Fundación Cesga.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2019

Manuel Mauro Fernández Dabouza
Director xerente da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico
de Supercomputación de Galicia