Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17479

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2019 pola que se modifica a Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2019.

A Resolución do 21 de febreiro de 2019 establece as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2019 (IN421P).

Estas axudas xestionaranse a través de entidades colaboradoras que terán que adherirse mediante o procedemento previsto na Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e para proxectos de enerxía fotovoltaica, destinadas a particulares, para o ano 2019 (IN421N).

O prazo de presentación de solicitudes para estas axudas comeza o 8 de abril e debido a incidencias xurdidas na tramitación do proceso de selección de entidades colaboradoras non vai ser posible dispoñer da listaxe de entidades colaboradoras adheridas antes desta data, o que fai necesario modificar a data a partir da cal as entidades colaboradoras van poder presentar as solicitudes de axuda.

Ao tratarse dun procedemento de concorrencia non competitiva a listaxe de entidades colaboradoras débese publicar completa para non prexudicar a terceiros.

Con base no anterior, de acordo co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 142/2016, do 22 de setembro, polo que se crea a Axencia Instituto Enerxético de Galicia dispoño:

Artigo único. Modificación da Resolución do 21 de febreiro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para proxectos de enerxías renovables, de uso térmico, dirixidas a particulares, para o ano 2019, que queda modificada da seguinte maneira:

Un. Modifícase o parágrafo primeiro do artigo 3.2 que queda redactado nos seguintes termos:

2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 15 de abril ás 9.00 horas e rematará o 1 de xullo de 2019, excepto que se produza o suposto de esgotamento de crédito.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2019

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia