Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 5 de abril de 2019 Páx. 17510

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2106/2018 IP).

Secretaría: Sra. Freire Corzo

RCUD 27/2019 IP

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2106/2018 IP

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 73/2017 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Helder Artur Teixeira Pinto

Avogados: letrado da Seguridade Social, Alfredo Briales Porcioles

Recorridas: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Oya, S.L., Granitos de Atios, S.A., Belypa Construcciones, S.L., Rocas Graníticas Gallegas, S.A., Miner Granisa, S.A.

Avogados: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Ismael Gómez Solla, Vanesa Rodríguez Fernández, Jorge Gabriel Philippon de Arriba, (…), Vanesa Rodríguez Fernández, Patricia Saborido Frojan

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2106/2018 desta sección, seguido por instancia de Helder Artur Teixeira Pinto e o Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Oya, S.L., Granitos de Atios, S.A., Belypa Construcciones, S.L., sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza M. Asunción Barrio Calle

A Coruña, 11 de marzo de 2019

O anterior escrito subscrito polo letrado Alfredo Briales de Porcioles, letrado en representación do recorrente Helder Artur Teixeira Pinto, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Únase a sentenza ditaa como de contraste con expresión da súa firmeza á peza separada do RCUD.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 1 de Vigo que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Rocas Graníticas Gallegas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza