Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2019 Páx. 17788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RAI-LU-248/14.

O 6 de marzo de 2019 o secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG núm. 131, do 12 de xullo), ditou a resolución do recurso de alzada RAI-LU-248/14 interposto por Amador Belón, C.B.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación da resolución do recurso de alzada, notíficase á Amador Belón, C.B., a resolución antes referida.

O interesado poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico Xurídico I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teña a súa sede o órgano que tivese ditado a disposición ou o acto orixinario impugnado, de acordo co establecido nos artigos 8.3 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan presentar calquera outro que coiden oportuno.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2019

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria