Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2019 Páx. 17832

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira de Piquín

ANUNCIO de convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo-traballador/a social.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local deste concello, en sesión extraordinaria que tivo lugar o 27 de febreiro de 2019, aprobáronse as bases para a provisión do posto de traballador/a social, mediante concurso-oposición, en réxime de persoal laboral fixo.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas ditas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, así como na páxina web do Concello (www.ribeiradepiquin.es).

Ribeira de Piquín, 7 de marzo de 2019

Roberto Fernández Rico
Alcalde presidente