Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2019 Páx. 17899

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2019 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 1 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).

No Diario Oficial de Galicia número 56, do 21 de marzo de 2019, publicouse a Resolución do 1 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).

No artigo 9.2 regúlase que o prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación no DOG desta resolución.

Tendo en conta as solicitudes presentadas ata o momento e a previsión de solicitudes ata o 21 de abril, non parece previsible a utilización do crédito dispoñible cando finalice o prazo.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1

Ampliar ata o 6 de maio de 2019, incluído, o prazo de presentación de solicitudes previsto no número 2 da Resolución do 1 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia.

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2019

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal