Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18015

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 5 de abril de 2019 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga que afectará persoal de limpeza de empresas que prestan servizos en hospitais de Galicia.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG núm. 116, do 20 de xuño de 1988), entre os cales se encontra a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros ou conselleiras competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para determinar o persoal necesario para a súa prestación.

As organizacións sindicais CIG e CC.OO. comunicaron á Consellería de Economía, Emprego e Industria e á Consellería de Sanidade a convocatoria dunha folga que afectará -no seu teor literal- «o persoal de limpeza das empresas que prestan servizos en hospitais de Galicia e que teñen equiparación salarial co Sergas».

Como motivo para a folga alúdese a falta de pagamento do complemento de equiparación profesional equivalente á carreira profesional establecida para o persoal do Sergas, e o seu obxectivo é que se proceda ao dito pagamento.

Unha vez coñecido que esa falta de pagamento non estaría a producirse en todas as empresas incluídas no ámbito fixado na convocatoria da folga, e que o conflito podería estar así limitado a algunhas delas, procurouse que as organizacións sindicais convocantes precisasen as empresas cuxo persoal é chamado á folga, para os efectos de que nesta orde se poidan concretar debidamente os hospitais en que procede fixar servizos mínimos.

As ditas organizacións sindicais limitáronse a reiterar que a folga se convoca para todas as empresas de limpeza que teñen equiparación salarial co Servizo Galego de Saúde.

De ser así, e para evitar riscos na prestación da asistencia sanitaria, óptase nesta orde por fixar servizos mínimos en todos os centros hospitalarios que poderían estar no ámbito da convocatoria, atendendo ao seu teor literal.

Con todo, cómpre recordar que o Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo de 1977), obriga a avisar previamente da folga ás empresas afectadas, como partes que son do conflito e ás cales lles correspondería a negociación sobre as reivindicacións formuladas.

Con base no que antecede, e unha vez outorgada audiencia ao comité de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A folga referida entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos, segundo os criterios que se establecen nesta orde.

Para a determinación dos servizos esenciais, nesta folga de carácter indefinido aténdese aos seguintes factores para a cobertura da seguridade en relación coa hixiene do ambiente sanitario: o risco para os/as pacientes, usuarios/as e traballadores/as derivado da realización de actividades e uso de materiais que sexan potencialmente contaminantes, a imposibilidade de demorar a prestación da asistencia e o volume de pacientes atendidos/as.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, en atención ao grao de risco que unha continuada diminución de limpeza, por falta de efectivos, podería supoñer nas diversas áreas de actividade.

Para estes efectos adóptanse os seguintes criterios reitores, que xa se veñen aplicando con carácter xeral nas folgas convocadas para os servizos de limpeza no ámbito hospitalario:

– Días laborables:

I. Urxencias, laboratorio de urxencias, radiodiagnóstico de urxencias, UCI, área cirúrxica, reanimación poscirúrxica, reanimación cardíaca, oncoloxía radioterápica, hematoloxía, hospital de día e diálise: o persoal preciso para garantir o 100% das presenzas e prestación de limpeza habituais.

II. Radioloxía intervencionista, esterilización e hospitalización: o persoal preciso para garantir o 70 % das presenzas e prestación de limpeza habituais.

III. Restantes áreas: o persoal preciso para garantir o 50 % das presenzas e prestación de limpeza habituais.

Áreas II e III: os efectivos de servizos mínimos que resulten das ditas garantías (70 ou 50 %) poderán ampliarse sempre que se xustifique que resulta estritamente necesario para evitar riscos inminentes para a saúde.

– Domingos e días festivos: o persoal preciso para garantir o 100 % das presenzas e prestación de limpeza habituais nos domingos e festivos.

Artigo 2

Nos hospitais do Servizo Galego de Saúde que resulten afectados pola folga, a determinación do persoal necesario con base nos criterios anteriores corresponde ás empresas coordinadamente coas xerencias, e a súa fixación deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

O persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada polas empresas e notificada ao persoal designado.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

No anexo desta orde recóllese o número de presenzas mínimas preciso para cubrir as xornadas de folga nos hospitais do Servizo Galego de Saúde que, de ser o caso, resulten afectados pola folga. En calquera outra institución eventualmente afectada pola folga, os efectivos de servizos mínimos serán fixados polas xerencias, coa participación das empresas, en aplicación dos anteditos criterios reitores.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais, para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE núm. 58, do 9 de marzo de 1977).

Artigo 4

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e os efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios/as dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2019

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Número de presenzas mínimas nos hospitais do Servizo Galego de Saúde que, de ser o caso, resulten afectados pola folga. A unidade (1) equivale á presenza de 1 efectivo.

EOXI: A Coruña

Centro

Luns a venres

Sábados

Domingos/festivos

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Hospital Universitario A Coruña

60

38

4

32

16

4

32

16

4

Hospital Teresa Herrera

13

14

1

10

6

1

9

6

1

Hospital Marítimo de Oza

7

3

1

3

1

1

5

2

1

Hospital Abente y Lago

9

5

1

5

3

1

6

5

1

EOXI: Ferrol

Luns a venres

Sábados

Domingos/festivos

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

23

18

2

19

10

2

19

8

2

EOXI: Santiago

Centro

Luns a venres

Sábados

Domingos/festivos

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

H. Clínico

60

50,5

4

48,5

29

4

43

25

4

H. Gil Casares

4

3

1

4

2

2

4

2

1

H. Provincial de Conxo

13

12

1

11

5

1

12

5

1

H. Psiquiátrico

7

4

1

6

4

1

6

4

1

EOXI de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

Centro

Luns a venres

Sábados

Domingos/festivos

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Hospital de Monforte

9

2

1

2

1

1

2

1

1

Hospital da Mariña

9

11

1

7

5

1

6

2

1

Hospital Universitario Lucus Augusti

32

38

2

25

14

2

16

10

2

Hospital de Calde

2

1

1

1

1

1

Saúde Mental

1

EOXI: Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Centro

Luns a venres

Sábados

Domingos/festivos

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

CHUO

55,3

36,875

3

42

29

2

31

21

2

Hospital de Verín

5

4

1

3

2

1

2

1

1

H. Comarcal do Barco

6

5

1

4

1

1

4

1

1

EOXI: Pontevedra e O Salnés

Centro

Luns a venres

Sábados

Domingos/festivos

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Hospital Montecelo

20,5

15,5

1

13,5

7,5

1

14

7

1

Hospital Provincial

16,5

9,5

1

13

6,5

1

11

4

1

EOXI: Vigo

Centro

Luns a venres

Sábados

Domingos/festivos

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

Mañá

Tarde

Noite

C. Taboada Leal

1

1

1

H. Álvaro Cunqueiro

50

39

6

39

17

4

46

17

4

H. Meixoeiro

17

19

1

15

5

1

9

5

2

H. Nicolás Peña

3

2

1

3

1

1

4

1

1