Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18008

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 11 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento IN201G).

Advertidos erros na referida orde, publicada no DOG núm. 60, do mércores 27 de marzo de 2019, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 16075, no artigo 18. Xustificación da subvención, alínea 1, onde di: «1. O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria, en orixinal ou copia compulsada, da documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención, para o cal se terá de prazo ata o 31 de outubro de 2019. Respecto das feiras que se celebren no período posterior ao remate do prazo de xustificación, unha vez finalizada a feira presentarán a xustificación da certificación da asistencia e a documentación gráfica do evento (fotografías)», debe dicir: «1. O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria, en orixinal ou copia compulsada, da documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención, para o cal se terá de prazo ata o 31 de outubro de 2019».