Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18149

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública (expediente 2018/X999/000548).

O Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 28 de xaneiro de 2019, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 2 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Carballo (PXOM) relativa á modificación de 4 zonas en solo de núcleo rural e rústico, segundo a documentación técnica redactada polos arquitectos Beatriz Aneiros Filgueira (col. 2137 COAG) e Álvaro Fernández Carballada (col. 1047 COAG).

O que se somete a información pública por un prazo de dous meses en cumprimento dos artigos 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 144 do Regulamento da Lei do solo, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por ela poidan examinar o expediente e deducir, de ser ocaso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

O documento técnico, o resumo executivo e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na oficina técnica municipal, das 10.00 ás 13.00 horas e na páxina web do concello no seguinte enlace:

http://www.carballo.org/media/documentos/modificacion_puntual_numero_2_pxom.pdf

Carballo, 12 de marzo de 2019

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde