Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18142

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 20 de marzo de 2019 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2018000700 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, nº 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2019

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01213, eixo de comunicacións A-52-fronteira portuguesa. Treito I: Vac. A-52-Celanova Sur. Clave: Ou/01/101/01.75.1.

Concello: Celanova.

Provincia: Ourense.

Expropiante: CIM Servizo Provincial da AXI de Ourense.

Beneficiario: Autoestrada Ourense Celanova (Aucel).

Acto notificado: resolución de fixación de prezo xusto.

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Hros. Manuel Rodríguez del Río

Narciso Celix Fernández

Aurora Fernández Outumuro

20.12.2018

20.12.2018

20.12.2018

2018000700

2018000706

2018000707

2606 CO

2223

2239

617,46

15.238,58

3.047,70