Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2019 Páx. 18130

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 20 de marzo de 2019 pola que se notifica o Acordo do 20 de decembro de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 133 A-co, sito en Coristanco, relativo ao proxecto 01706 (expediente 2018/000948).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula a hros. Dolores Pérez Pose o Acordo do 20 de decembro de 2018 que fixa o prezo xusto do predio número 133 A-co, sito en Coristanco, relativo ao proxecto 01706 (expediente 2018/000948), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1 de Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2019

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01706-Vía de Alta Capacidade Carballo-Berdoias. Clave Ac/10/140.01.75. Termos municipais de Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas e Vimianzo.

Nº de expediente: 2018/000948.

Persoas que se van notificar: hros. Dolores Pérez Pose.

Expropiante: CIM Servizo Provincial da AXI da Coruña.

Persoas expropiadas: hros. Dolores Pérez Pose.

Beneficiaria: Autoestrada Costa da Morte, S.A. (Soc. Conc. Xunta de Galicia).

Predio nº: 133 A-co.

Concello: Coristanco.

Provincia: A Coruña.

Valoración da resolución do xurado: 277,57 €.