Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18332

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 de marzo de 2019 pola que se dá publicidade á asignación e á denegación das solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2018.

Advertido un erro na indicada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 65, do 3 de abril de 2019, cómpre facer a seguinte corrección:

1. Na páxina 17202, no primeiro parágrafo, onde di: «...publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural do 12 de febreiro de 2018 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.», debe dicir: «...publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural do 6 de febreiro de 2018 (publicada no DOG núm. 30, do 12 de febreiro) pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.».