Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18264

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2019, da Xerencia da Universidade de Santiago de Compostela, pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal laboral de administración e servizos.

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo I desta resolución, e sendo necesaria a súa provisión,

O xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen mediante a Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018, e de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 25 do convenio colectivo para o persoal laboral da USC (DOG do 30 de decembro de 2008), resolve convocar a provisión do dito posto mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Primeira. Poderá participar o persoal laboral fixo da USC, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme e os sancionados con cambio de localidade, que reúna os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. A solicitude para participar nesta convocatoria presentarase unicamente no Rexistro electrónico da USC, https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que figura como anexo II.

Terceira. A solicitude deberase presentar acompañada de curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que se aleguen, agás que consten acreditados no expediente persoal do/a aspirante.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2019

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: responsable de proxectos institucionais. Vicexerente/a.

Grupo: I.

Categoría laboral: analista informático.

Complemento 1.0.

Quenda: mañá/dispoñibilidade horaria/especial dedicación.

Localidade: Santiago de Compostela.

ANEXO II

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN NO PROCEDEMENTO DE LIBRE DESIGNACIÓN, CONVOCADO MEDIANTE A RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO 2 DE ABRIL DE 2019

DATOS PERSOAIS

DNI

APELIDOS

NOME

DESTINO ACTUAL

CATEGORÍA A QUE PERTENCE

GRUPO

TELÉFONO:

CORREO ELECTRÓNICO

ENDEREZO

CÓDIGO POSTAL

LOCALIDADE

PROVINCIA

POSTO QUE SOLICITA

Denominación do posto

O/a abaixo asinante solicita ser admitido/a á convocatoria a que se refire esta solicitude e DECLARA que son certos os datos consignados nela e que reúne as condicións requiridas especificamente por esta convocatoria, e comprométese a probar documentalmente todos os datos que figuran nesta solicitude.

De conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e co Regulamento UE 2016/679, os datos recollidos neste procedemento serán tratados pola USC no tratamento denominado “Persoal” cuxa finalidade é a xestión de expedientes administrativos de persoal, cálculo de nóminas e seguridade social e xestión de persoal. O órgano responsable do devandito tratamento é a Xerencia, ante a cal se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade, na Casa da Balconada; rúa Nova nº 6; 15782 Santiago de Compostela, correo electrónico xerente@usc.es ; teléfono 881 81 10 10. O delegado de Protección de Datos é José Julio Fernández Rodríguez, dpd@usc.es . A base de xustificación deste tratamento é a realización de funcións administrativas como consecuencia da prestación do servizo de educación superior (Lei orgánica de universidades e a Lei autonómica 6/2013, do sistema universitario de Galicia). Poderanse ceder datos a administracións públicas con competencias na materia e nos supostos de obrigacións legais. As persoas interesadas poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade a través de sede electrónica en https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm. Tamén se poden dirixir á Axencia Española de Protección de Datos para realizaren a reclamación que consideren oportuna. Os datos serán conservados durante o período en que se realice a finalidade para a cal foron recollidos ou o tempo necesario para cumprir coas obrigacións legais. Cumprida a finalidade, os datos que non formen parte da prestación do servizo público bloquearanse ata que transcorran os prazos de prescrición aplicables. A política de privacidade e protección de datos da USC pódese consultar en http://www.usc.es/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html

Autorizo o tratamento dos datos proporcionados de acordo coa lexislación vixente

…………………………………….,………..de…………… de 2019

(Sinatura)

Xerente da Universidade de Santiago de Compostela