Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2019 Páx. 18341

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mañón

ANUNCIO polo que se fai público o cambio de uso do inmoble do Escolar de Freitido de Mañón.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do día 8 de marzo de 2018, adoptou o acordo que se transcribe:

Primeiro. Acordar, en cumprimento do artigo 42.5 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro do solo de Galicia, a implementación de usos da parcela con referencia catastral 000801800PJ03E0001GY, clasificada como solo de núcleo rural, cunha superficie de 776 metros cadrados, de forma que o uso sociocultural local [SCL-3 (d)] previsto actualmente polo Plan xeral de ordenación municipal inclúa o uso sanitario-asistencial local [SCL/SAL-3] para que se poidan implantar outros servizos. A parcela, situada no núcleo rural da Panda, regularase polo disposto no vixente Plan xeral de ordenación municipal, aprobado definitivamente o 18 de maio de 2016.

Segundo. Dar traslado do presente acordo ao Servizo de Urbanismo da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Terceiro. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia.

Cuarto. Facultar o alcalde Alfonso Emilio Balseiro Gómez para a realización dos actos e a sinatura dos documentos que sexan necesarios para a execución do presente acordo.

Mañón, 8 de marzo de 2019

Alfonso Emilio Balseiro Gómez
Alcalde