Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2019 Páx. 18408

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2019 pola que se convoca unha xornada sobre menores, seguridade, sáude e responsabilidade. Novos desafíos para a Administración pública.

A Academia Galega de Seguridade Pública, xunto coa Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, anuncia a convocatoria dunha xornada sobre menores, seguridade, sáude e responsabilidade. Novos desafíos para a Administración Pública, de acordo coas seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: menores, seguridade, sáude e responsabilidade. Novos desafíos para Administración pública.

Tipo: xornada.

Edicións: 1.

Horas lectivas: 8.

Modalidade: presencial.

Obxectivos:

Servir de foro de intercambio e dinamización entre profesionais, co obxectivo de:

– Facer unha valoración cualitativa da situación actual e dos esforzos realizados en materia de seguridade, prevención e convivencia no eido dos menores, facendo especial fincapé nos problemas de acoso escolar e a violencia, o uso da internet e as redes sociais, así como o consumo de substancias e diferentes tipos de adiccións.

– Actualizar os coñecementos en materia xurídica no eido do menor.

– Reflexionar sobre a vixencia e o futuro das estratexias preventivas tradicionais fronte ás novas demandas sociais, identificando retos e áreas de mellora.

– Compartir experiencias, modelos de traballo e boas prácticas que deriven en ferramentas e habilidades eficaces para o traballo cos menores.

Formato:

Práctico e participativo, tentando fomentar o debate e a aprendizaxe cooperativa. A xornada constará de dúas conferencias plenarias (de apertura e de clausura), a cargo de expertos de prestixio internacional, xunto con tres mesas de traballo sobre temas de especial interese. As mesas estarán formadas por catro profesionais de diferentes perfís, institucións ou disciplinas (Policía local, Policía autonómica, Garda Civil, Policía nacional, xuristas, psicólogos, educadores...). É precisamente o carácter multidisciplinar o que permitirá enriquecer o debate e dispor aos asistentes dunha visión integral e práctica dos problemas que deben afrontar.

Contidos:

– Apertura da xornada.

– Conferencia inaugural.

O/a menor vítima e/ou verdugo.

– Mesa de traballo 1:

Menores, redes sociais e novas tecnoloxías.

– Mesa de traballo 2:

Menores, alcol e outras drogas.

– Mesa de traballo 3:

Menores, acoso e violencia.

– Conferencia de clausura.

Menores, internet e drogas, quen lle pon o axóuxere ao gato?

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as.

Forzas e corpos de seguridade, así como persoal do eido da xustiza, a educación e a saúde vencellado ao eido dos menores.

Prazas ofertadas.

400, limitadas á capacidade máxima.

3. Solicitudes de participación.

a) O persoal que desexe participar nesta xornada poderá facer a preinscrición a través do proceso de matrícula telemática na páxina web da Agasp http://agasp.xunta.es

b) Prazo para a presentación de solicitudes: o prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 8 de maio de 2019.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Agasp a través do número de teléfono 886 20 61 10, do fax 886 20 61 22 ou do enderezo de correo electrónico formacion.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

Criterios de selección.

Exclusivamente por orde de inscrición.

Listaxe de solicitudes seleccionadas.

O día 10 de maio de 2019, a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no sitio web http://agasp.xunta.es as solicitudes de participación que resultasen seleccionadas segundo os criterios de selección mencionados anteriormente.

5. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Agasp.

Data: 14 de maio de 2019.

Horario: das 9.30 ás 14.30 horas e das 16.30 ás 19.30 horas.

Certificado de asistencia.

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de asistencia a todas aquelas persoas que acrediten a súa asistencia continuada a esta.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade, ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 (DOG núm. 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá suprimir o curso, ampliar novas edicións ou suspendelo temporalmente, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización, realización ou docencia.

A Estrada, 4 de abril de 2019

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública