Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18634

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

ORDE do 8 de abril de 2019 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2019.

Na Orde do 14 de xaneiro de 2019 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2019, recóllense os importes das retribucións do persoal ao servizo da Administración autonómica.

As retribucións complementarias do persoal funcionario, segundo o previsto no artigo 137 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, están integradas, entre outros, polo complemento retributivo de posto.

A disposición transitoria novena da Lei 2/2015 establece que, entrementres non se introduza o complemento retributivo de posto de traballo previsto na lei, todas as referencias a este último entenderanse feitas ao complemento específico.

Os postos de traballo do persoal funcionario da Xunta de Galicia están clasificados en niveis que abarcan desde o nivel 10 ata o nivel 30, o Consello da Xunta na súa reunión do 7 de marzo de 2019 acordou establecer, de conformidade co artigo 16 da Lei 2/2015, o importe de varios niveis de complemento específico relativo a postos de persoal funcionario da Administración autonómica, correspondentes os niveis dentro do dito intervalo cuxa contía non estaba determinada.

Polo tanto, procede incluír como anexo da Orde de nóminas os novos importes de complemento específico aprobados.

Así mesmo, unha vez regulado o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, esta orde recolle a concreción dos complementos do persoal laboral fixo que derivan do proceso de funcionarización previsto no Acordo do Consello da Xunta do 10 de xaneiro de 2019 (acordo de concertación social).

Coa finalidade, pois, de facilitar a confección das nóminas do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma, esta consellería dita as seguintes instrucións,

DISPOÑO:

Artigo único

Apróbanse as seguintes instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2019,

Primeira. Contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

A contía mensual do complemento específico, co importe que se detalla no anexo IV da Orde do 14 de xaneiro de 2019 pola que se ditan instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2019, substitúese polo anexo I desta orde.

Segunda. Contía das retribucións do persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único

1. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2019, o persoal laboral fixo, incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único, que fose encadrado no grao I do réxime extraordinario de carreira profesional logo de ter optado de maneira expresa por acollerse ao proceso de funcionarización, segundo o previsto no artigo 6 do Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, aprobado no Consello da Xunta do 28 de marzo de 2019, percibirá, ademais, do salario base, complementos, antigüidade, pagas extraordinarias e contías adicionais nos importes que se detallan no anexo VII da Orde do 10 de xaneiro de 2019, a retribución adicional prevista no Acordo do Consello da Xunta do 10 de xaneiro de 2019 (acordo de concertación social).

Esta retribución percibirase logo do oportuno recoñecemento, agás os casos en que o dito recoñecemento só teña efectos administrativos, realizado pola Dirección Xeral da Función Pública, e co importe que corresponda segundo o grupo/subgrupo de persoal funcionario en que se estableza a equivalencia do correspondente grupo e categoría do persoal laboral.

Este complemento percibirase en 12 mensualidade e imputarase ao subconcepto 130.43.

2. Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2019, o persoal laboral fixo do Convenio colectivo único da Xunta de Galicia que non poida acollerse ao proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira, segundo o previsto no Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta o 28 de marzo de 2019, logo do oportuno recoñecemento do dereito á percepción dun complemento equivalente á retribución adicional prevista no Acordo do Consello da Xunta do 10 de xaneiro de 2019 (acordo de concertación social), agás os casos en que o dito recoñecemento só teña efectos administrativos, percibirá un complemento coas seguintes contías mensuais por grupo:

Grupo

Importe mensual

I. Titulados superiores

68,27

II. Titulados de grao medio

47,78

III. Especialistas e encargados (categorías 1 a 59)

46,27

III. Especialistas e encargados (categorías 60 en diante)

46,27

IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª

39,27

V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servizos específicos non titulados

31,73

Este complemento denominarase complemento de carreira persoal laboral non funcionarizado, percibirase en 12 mensualidade e imputarase ao subconcepto 130.43.

Terceira. Reintegro de retribucións

Segundo o previsto no Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta o 28 de marzo de 2019, a non presentación da solicitude de participación no correspondente proceso de funcionarización que se convoque ou a non presentación, agás imposibilidade acreditada de non presentarse ao dito proceso, ou a non superación do correspondente proceso de funcionarización implicará o decaemento do encadramento no grao I con todos os seus efectos, polo tanto, dará lugar á dedución dos importes percibidos.

Esta dedución realizarase a partir do mes seguinte a aquel en que se produza o decaemento.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2019

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I

Complemento específico

Nivel de complemento de destino

Contía mensual (€)

30

1.594,20

29

1.402,88

28(A)

1.211,55

28(B)

1.107,14

27

1.053,06

26

998,98

25

892,70

24

807,65

23

733,24

22

658,84

21

598,44

20

538,04

19

513,41

18

488,78

17

481,53

16

474,27

15

463,63

14

452,99

13

442,36

12

431,74

11

421,11

10

410,47

Complemento específico. Agrupacións profesionais (RDL 5/2015)

Nivel de complemento de destino

Contía mensual (€)

14

467,14

12

445,24

10

423,30

O complemento específico percibirase en catorce mensualidades das cales doce serán de percepción mensual e dúas adicionais, do mesmo importe que unha mensual, nos meses de xuño e decembro.

Os complementos específicos que non teñan a súa contía relacionada neste anexo aboaranse nas mesmas contías mensuais que as percibidas a 31 de decembro de 2018, incrementadas no 2,25 %.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de decembro de 2009, non será de aplicación aos niveis 14, 16 e 20 que teñan un complemento específico superior acadado mediante acordos anteriores, será de aplicación a seguinte táboa:

Nivel de complemento de destino

Contía mensual (€)

20

531,31

16

467,53

14

446,26