Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia o concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto, para a reforma interior e reorganización da ocupación do Complexo Administrativo de San Caetano, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

d) Número do expediente: 2019-SESE 07 MPLOB.

2. Obxecto do concurso:

a) Descrición: reforma interior e reorganización da ocupación do Complexo Administrativo San Caetano.

b) División por premios: tres premios e tres accésits.

c) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

d) Prazo de execución: o concurso desenvolverase de acordo coas fases e co calendario establecido no prego de bases.

e) CPV: 71243000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e suxeita a regulación harmonizada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de ideas, con intervención de xurado, a nivel de anteproxecto e de acordo co establecido nos artigos 183 a 187 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

4. Orzamento total dos premios:

Importe total: 177.000 €.

Desagregación por premios:

– Gañador do concurso e primeiro premio: 70.000 €.

– Segundo premio: 40.000 €.

– Terceiro premio: 30.000 €.

– Primeiro accésit: 15.000 €.

– Segundo accésit: 11.000 €.

– Terceiro accésit: 11.000 €.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico- Administrativa.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, Edificio nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos:

Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa: 981 54 42 59 Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia: 981 55 24 00.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correos electrónicos:

natalia.lobato.mosquera@xunta.es

secretaria.cpapx@xunta.gal

7º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de solicitudes de participación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Destinatarios: os descritos na cláusula 4 do prego de bases que rexe neste concurso de ideas.

b) Clasificación: non se exixe.

c) Outros requisitos: os descritos no prego de bases que rexe neste concurso de ideas.

8. Presentación de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 30 de maio de 2019.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 7.2 do prego de bases que rexerá no concurso de ideas.

c) Lugar de presentación. Directamente en:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico ao enderezo: secretaria.cpapx@xunta.gal, no mesmo día.

d) Prazo durante o cal o concursante estará obrigado a manter a súa oferta: haberá que aterse ao disposto no prego de bases.

9. Calendario de reunión do xurado: respecto da constitución do xurado e da adopción de acordos haberá que aterse ao disposto no prego de bases que rexerá neste concurso de ideas.

10. Outras informacións:

a) Lingua en que poderán redactarse os documentos: galego e castelán.

b) Os criterios que se empregarán para a avaliación dos traballos presentados ao concurso serán os establecidos na cláusula 5.3 do prego de bases que rexerá neste concurso de ideas.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza