De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo ou aos seus representantes, debidamente acreditados, para que no prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), acudan ás dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 7 e 9, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións.
Transcorrido o prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Advírtese que contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, computable desde o día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
A Coruña, 22 de marzo de 2019
O/a xefe/a territorial da Coruña
P.A. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña
ANEXO
Procedemento aboamento ou reintegro prestacións
Nº de expediente |
DNI |
Contido do acto |
Data do documento |
CO-45316 |
02189510W |
Resolución aboamento de cantidades |
25.10.2018 |
CO-4108 |
32276314T |
Resolución reintegro de cantidades |
31.7.2018 |