Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18802

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 919/2016).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de José Antonio García Regueiro contra Santiago Dos, S.L. e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 919/2016 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Santiago Dos, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 8.5.2019 ás 11.20 horas, na planta baixa, sala 3, edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Puede comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Advírtella que a parte demandante solicitou as seguintes probas:

Interrogatorio de parte do representante legal da empresa demandada: procede o solicitado conforme o artigo 90.3 LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 LXS). Para ese efecto, fágase saber á parte demandada que deberá comparecer persoalmente ou través de persoa con poder suficiente, e en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, advertíndolle que en caso de non comparecer poderá impoñérselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que, se non comparece sen xusta causa á primeira citación, rexeita declarar ou persiste en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixo, poderán considerarse recoñecidos como certos, na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos resultarlle prexudicial en todo ou en parte. No caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa deste. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Documental: procede o solicitado conforme o artigo 90.2 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 LXS). Requírase a empresa demandada para que achegue os documentos solicitados no escrito de demanda: nóminas e boletíns de cotización á Seguridade Social do demandante dos anos 2014 e 2015, ambos inclusive, coa advertencia de que, de non facelo, poderán terse por probadas as alegacións feitas pola contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 LXS).

Se é o caso, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo demandante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz/a admitila no acto de xuízo, artigo 87 da LXS.

E para que sirva de citación a Santiago Dos, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza