Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 15 de abril de 2019 Páx. 18853

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral, en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 39, do 15 de febreiro de 2019, foi publicado anuncio relativo ao Acordo 11/703, adoptado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo na súa sesión ordinaria do día 5 de decembro de 2018, de modificación das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de promoción interna.

Lugo, 25 de febreiro de 2019

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016,
modificado polo Decreto 18003431, do 26 de abril)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal