Ao non se poder levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2018263TA-PO incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra a Guay Hostelería, S.L. (Pub A Noite).
De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Dirección Xeral de Saúde Pública, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, onde, se é o caso, lle facilitarán impresos normalizados para o pagamento da sanción, nos prazos establecidos. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.
A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019
Andrés Paz-Ares Rodríguez
Director xeral de Saúde Pública
ANEXO
Nº expediente: 2018263TA-PO.
Interesada: Guay Hostelería, S.L. (Pub A Noite).
Documento de identificación: B27726652.
Último enderezo coñecido: rúa Domingo Bueno, 132, local 5, 36400 O Porriño.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 1.200,00 €.