Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19042

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 15 de abril de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2018 (DOG núm. 82, do 27 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, á vista da Resolución do conselleiro de Facenda do 3 de abril de 2019 pola que resolve o recurso de alzada presentado pola aspirante Ana María Aymerich Rico, DNI ***9033**, contra a Resolución do 24 de xaneiro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, para o ingreso no corpo facultativo de grado medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos industriais, pola que se dá publicidade a diversos acordos, cuxo contido se transcribe textual:

«Estimar parcialmente o recurso de alzada formulado por Ana María Aymerich Rico, DNI ***9033**, contra a Resolución do 24 de xaneiro de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 pola que se dá publicidade a diversos acordos, no sentido de modificar a puntuación asignada á aspirante no segundo exercicio da fase de oposición pasando esta a ser de 11,9125 puntos.

Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas».

ACORDOU:

Primeiro. Proceder á modificación da puntuación asignada á aspirante Ana María Aymerich Rico, DNI ***9033**, no segundo exercicio da fase de oposición pasando esta a ser de 11,9125 puntos, consonte o contido na resolución do recurso que se cita.

Segundo. Publicar a puntuación obtida pola aspirante Ana María Aymerich Rico, DNI ***9033**, presentada ao segundo exercicio no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2019

Blanca Nieves Miranda Blanco
Presidenta do tribunal