Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19087

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 22 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente FE-62799 e oito máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou aos seus representantes os actos administrativos de emenda das solicitudes que se indican.

Para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, números 7 e 9, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida cando venza o prazo indicado para comparecer.

Advírtese que nos actos que se notifican outorgase ás persoas interesadas un prazo de dez (10) días, desde o seguinte ao da notificación para emendar as súas solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se realizase a emenda, entenderase que as persoas interesadas desisten da súa solicitude e procederase ao arquivamento do expediente logo da resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 22 de marzo de 2019

O/a xefe/a territorial da Coruña
P.A. (Artigo 31.2 do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Procedemento BS210A.

Número de expediente

DNI

Contido do acto

Data

documento

FE-62799

32452435X

Requirimento de emenda da solicitude

20.6.2018

SC-SAAD12-15/513982/2008-50

33018108K

Requirimento de emenda da solicitude

19.6.2018

FE-54483

24162310M

Requirimento de emenda da solicitude

21.5.2018

SC-66447

02682145T

Requirimento de emenda da solicitude

14.6.2018

SC-69497

20630706M

Requirimento de emenda da solicitude

19.7.2018

CO-71086

09988744M

Requirimento de emenda da solicitude

21.5.2018

SC-70512

33151683N

Requirimento de emenda da solicitude

8.10.2018

FE-73474

32508672N

Requirimento de emenda da solicitude

25.9.2018

SC-52993

51269651Y

Requirimento de emenda da solicitude

3.10.2018