Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 16 de abril de 2019 Páx. 19119

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2019 pola que se dá publicidade dunha encomenda de xestión, para o exercicio 2019, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade dunha encomenda de xestión para o exercicio 2019, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia á empresa pública Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: traballos de revexetación, coidados e plantación das zonas estremeiras coa obra do enlace coa AP9.

Natureza e alcance da xestión: este encargo ten natureza intrasubxectiva, ao ter Seaga a consideración de medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: o prazo de execución será de dous meses desde o inicio dos traballos.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2019

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia