Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os acordos da procedencia de reintegro do expediente da subvención á contratación indefinida inicial de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil TR349I 2016/42-1 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o acordo de procedencia do procedemento de reintegro nos correspondentes expedientes de subvención.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de dous (2) meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñeren recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer un recurso de reposición, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e conforme a norma reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lémbraselles o seu dereito para comprobaren o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 29 de marzo de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Empresa

NIF

Concello

Materia

Data da resolución

TR349I 2016/42-1

Importaciones Karimar, S.L.

B70429014

A Coruña

Subvención á contratación indefinida inicial

6.3.2019

TR349I 2016/62-1

Isabel María Paiva Silva

***8232**

Pontevedra

Subvención á contratación indefinida inicial

13.3.2019