Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 8 de abril de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Camariñas (expediente IN407A 2018/79-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación denominada liña eléctrica LMTS de PF DOR-CT Brea, no concello de Camariñas (expediente IN407A 2018/79-1), pola Resolución desta xefatura territorial, do 25 de outubro de 2018, a favor da entidade beneficiaria Electra del Gayoso, S.L., con enderezo na rúa Casais, 20, 15129 Vimianzo (A Coruña).

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 24 de maio de 2019 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do concello de Camariñas, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 20.8.2018, no BOP do 31.7.2018 e no xornal La Voz de Galicia do 17.7.2018, acto a que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello do dito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 8 de abril de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña