Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO221514).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle o acto administrativo de requirimento á persoa interesada que se sinala no dito anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2; 15008 da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselle que, de non atender ao acto que se notifica, de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se terá por desistido da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

A Coruña, 8 de marzo de 2019

O/a xefe/a territorial da Coruña
P.A. (Artigo 31.2.1.e) do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Francisco Javier Abad Pardo
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data do acto administrativo

Nº de expediente

DNI

Requirimento de documentación

22.11.2018

CO221514

Y4018634L