Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de marzo de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador MON-LU-0071/2018-FOR.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado polo instrutor do expediente.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 29 de marzo de 2019

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-0071/2018-FOR.

DNI: 76540894E.

Acto notificado: proposta de resolución.