Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19243

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (SSS 653/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 653/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio García Núñez contra a empresa Trans Coruña, S.L., TXSS, INSS, Mutua Fremap, sobre seguridade social, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Parte dispositiva:

Dispoño inadmitir a acumulación solicitada por non concorreren os presupostos necesarios.

Notifíquese ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, coa indicación “Recurso” no campo do concepto, seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír a seguir da conta referida, separados por un espazo, o código “30 Social- Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a. A letrada da Administración de xustiza»

Para que sirva de notificación en legal forma a Transcoruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza