Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19496

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio e se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 15 de abril de 2019, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2018 (DOG núm. 82, do 27 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial,

ACORDOU:

Primeiro. Tendo en consideración a Orde do 10 de abril de 2019, da Consellería de Facenda, pola que se exclúen seis persoas aspirantes admitidas ao proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio), as puntuacións destes aspirantes non se inclúen na lista que se publicará.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2019

Blanca Nieves Miranda Blanco
Presidenta do tribunal