Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de abril de 2019, da Xefatura Territorial de Lugo, do acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación do parque eólico A Pastoriza (expediente LU-11/123-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio convocánse todas as persoas interesadas no levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica do parque eólico A Pastoriza, segundo se sinala no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmos ou representados por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

Lugo, 5 de abril de 2019

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-11/123-EOL.

Denominación: parque eólico A Pastoriza.

Acordo de ocupación dos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación no concello de Riotorto.

Predio

Pol.

Parc.

Propietario

26

2

150

José Ramón Rego Carballeira

55

3

395

Santiago Fernández Fernández, Maruja Fernández (rexeitada)

137

5

774

Hdos. de Natalia Cortón Fernández