Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19787

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 4 de abril de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de suspensión do procedemento sancionador por vía penal do expediente PSC-FE-0080/2018-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que a continuación se relacionan a suspensión do procedemento sancionador por vía penal do expediente PSC-FE-0080/2018-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

A Coruña, 4 de abril de 2019

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0080/2018-PPM

32701010R

Suspensión do procedemento sancionador por vía penal

Rosalía de Castro, 3, baixo dta., Mugardos