Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Martes, 23 de abril de 2019 Páx. 19769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4048/2019 interposto contra a Orde do 18 de setembro de 2018 de aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal de Foz.

Neste centro directivo recibíronse dilixencias de ordenación do letrado da Administración de xustiza da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4048/2019 interposto contra a Orde do 18 de setembro de 2018 de aprobación definitiva parcial do Plan xeral de ordenación municipal de Foz (Lugo), solicitando o emprazamento dos interesados no expediente administrativo correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado nas citadas dilixencias de ordenación, faise constar que o expediente xa foi remitido por este centro directivo á Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 20 de marzo de 2019.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019

Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo