Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Mércores, 24 de abril de 2019 Páx. 19942

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 4 de abril de 2019 pola que se aproban as bases e se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

BDNS (Identif.): 449198.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que estea a cursar 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2018/19, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica ou STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) do alumnado de 3º e 4º de ensino secundario obrigatorio no réxime xeral matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o curso 2018/19.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 4 de abril de 2019 pola que se aproban as bases e se convocan axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 130.000,00 euros.

Nº de prazas: 200.

Importe individual: a contía da axuda para cada beneficiario será o custo total da actividade.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional