Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20208

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, pola que se modifica a Resolución do 15 de abril de 2019 pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do cuarto exercicio.

Mediante a Resolución do 15 de abril de 2019, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, publicada no Diario Oficial de Galicia número 77, do 23 de abril de 2019, acordouse convocar dúas persoas aspirantes para realizar o cuarto exercicio do presente proceso selectivo.

Tendo coñecemento na Dirección Xeral da Función Pública de que a aspirante convocada, María del Carmen Vázquez Rivas, con DNI ***3584**, achegara a documentación que acreditaba en prazo posuír o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo), este tribunal adoptou o seguinte

ACORDO:

Modificar a Resolución do 15 de abril (publicada no DOG núm. 77, do 23 de abril de 2019) e declarar exenta a María del Carmen Vázquez Rivas, con DNI ***3584**, da realización do cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, por ter acreditado en prazo posuír o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2019

Blanca Nieves Miranda Blanco
Presidenta do tribunal