De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:
Resolución do 9 de abril de 2019, da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a retirada, esteladura ou empillamento e venda da madeira das árbores situadas no dominio público das marxes das estradas de titularidade autonómica de Galicia (2019).
– Actividade: os traballos que se van realizar baixo a cobertura desta encomenda consistirán na corta polo pé, retirada e/ou empillamento e tamén na venda da madeira aproveitable de residuos de árbores situadas na zona de dominio público das estradas da Rede de estradas de Galicia.
– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. a consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao abeiro do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
– Prazo de vixencia: trece (13) meses.
– Modalidade de financiamento: esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas para o ano 2019, aplicación orzamentaria 08.A1.512B.610.1.
– Orzamento: 1.097.133,94 €.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2019
Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas