Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20289

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

RESOLUCIÓN pola que se procede á contratación laboral fixa dun oficial para a sección de obras e servizos básicos, subgrupo C2.

Mediante a Resolución desta alcaldía 737/2019, do 18 de marzo, e vista a proposta do tribunal de selección, resolveuse a contratación laboral fixa dun oficial para a sección de obras e servizos básicos, subgrupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre, e que se transcribe a seguir:

«Asunto: contratación laboral fixa dun/dunha oficial para a sección de obras e servizos básicos, subgrupo C2.

Expediente: 2019/G003/000762.

Antecedentes:

O 13 de marzo de 2019 o tribunal encargado de xulgar as probas do proceso selectivo para a selección e contratación laboral fixa dun/dunha oficial para a sección de obras e servizos básicos, subgrupo C2, nomeado por Decreto da Alcaldía 147/2019, do 22 de xaneiro, emite proposta de resolución do proceso selectivo, en que propón a contratación do aspirante que obtivo maior puntuación e a creación dunha bolsa de traballo co resto de aspirantes que superaron o proceso selectivo pero que non obtiveron a praza.

Vista a proposta do tribunal, no uso das atribucións que me outorga a lexislación do réxime local e de acordo co establecido no artigo 12 das bases aprobadas mediante o Decreto da Alcaldía 979/2018, do 15 de maio, e publicadas no BOP núm. 97, do 24 de maio, no taboleiro da sede electrónica e na web oficial do Concello, resolvo:

Primeiro. Contratar a Jorge Gómez Iglesias, con NIF .......5506L, como persoal laboral fixo, na categoría de oficial para a sección de obras e servizos básicos da brigada de obras e servizos básicos, subgrupo C2. A contratación terá as seguintes características:

– Tipo de persoal: laboral fixo.

– Data de inicio da contratación: o día 1 de abril de 2019. De non cumprir co dito prazo de incorporación, sen existir causa xustificada (nos casos de forza maior, debidamente motivados e que deberán ser apreciados e estimados potestativamente por esta alcaldía), entenderase que renuncia aos seus dereitos.

– Tarefas e funcións: executar obras de mantemento e obras públicas municipais en xeral, baixo a dirección do capataz, calquera outra correspondente á súa categoría, e propia do departamento en que se integra.

– Categoría profesional: oficial da sección de obras e servizos básicos da brigada de obras e servizos básicos, subgrupo C2, do Concello de Ames.

– Datos retributivos: o posto pertence a un subgrupo C2, complemento de destino 16 e un complemento específico para 2019 de 6.034,03 euros/anuais, que será actualizado conforme o estipulado na normativa de regulación.

Segundo. Adscribir provisionalmente a Jorge Gómez Iglesias, con NIF ........5506L, ao posto da RPT con código 10.01.01.02.05, oficial da sección de obras e servizos básicos da brigada de obras e servizos básicos, da unidade operativa do Departamento de Infraestruturas, Obras e Servizos Básicos.

Terceiro. Publicar o contido desta resolución no BOP e no DOG, na páxina web e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ames e notificarllo á persoa contratada.

Cuarto. Crear unha bolsa de traballo de oficiais para os que se requira estar en posesión dos carnés B, C e CAP, cos seguintes aspirantes que superaron o proceso selectivo en orden descendente de puntuación:

Bolsa de traballo de oficiais para os que se requira estar en posesión dos carnés B, C e CAP

1. Álvarez Figueiras, Antonio

2. Tomé Sieira, Gonzalo

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as aspirantes poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data, na forma prevista na lexislación reguladora da dita xurisdición contencioso-administrativa».

Ames, 20 de marzo de 2019

José M. Miñones Conde
Alcalde